Proyecto LIFE  

Descrición xeral

O LIC Parga-Ladra-Támoga presenta unha superficie de 4.934 ha., e as áreas sobre as que actúa o proxecto aproximadamente ocupan 120 ha., centrándose fundamentalmente nas Insuas do Miño e a chaira aluvial de Begonte na confluencia dos ríos Parga y Ladra.

Dentro do LIC-Parga-Ladra-Támoga a vexetación natural que máis superficie ocupa corresponde a un mosaico heteroxéneo de bosques de inundación caducifolios.

Estas masas forestais aséntanse nas marxes das diversas canles fluviais, así como nas zonas anegadas durante o período invernal.

Interconectado cos bosques do territorio atópase un importante conxunto de hábitats naturais e seminaturais entre os que predominan diversos tipos de medios lacunares permanentes e temporais, turbeiras, ríos...

A diversidade e heteroxeneidade de ecosistemas hídricos existentes no LIC-Parga-Ladra-Támoga favoreceu a existencia dunha abondosa e notable flora e fauna acuática, entre as que se atopan diversas especies de interese internacional, comunitario e nacional.

Hábitats

No LIC-Parga-Ladra-Támoga pódense atopar unha serie de Hábitats de Interese (segundo a Directiva 92/43/CEE) dos que catro están catalogados como Prioritarios para a súa conservación:

Ademais destes hábitats están presentes unha gran cantidade de ecosistemas hídricos.

Ecosistemas que inclúen diversas lagoas, charcas e turbeiras alimentadas por augas de escorrentia, fréaticas, suxestións kárstikas e hidrotermais, interconectadas por unha dilatada rede fluvial.

Especies

A heteroxeneidade de medios acubilla unha grande variedade de organismos, entre os que cabe salientar tres especies de interese comunitario:

Igualmente importante resulta a abundante avifauna que habita nestes medios, con máis de 1500 aves acuáticas no período invernal, con 24 especies do Anexo I da Directiva Aves e cun núcleo reproductor de Tetrax tetrax (L), especie considerada prioritaria. Outras especies coas que podemos atoparnos no territorio son:

Lutra lutra L., Galemys pyrenaicus, Rhinolophus ferrumequinum, Rhinolophus hipposideros y Myotis myotis.

Esta última ten a consideración de prioritaria por estar catalogada en España como especie en perigo.