Exposición: "Desenvolvemento sostenible. Buscando solucións"

Desde o ano 2002 a provincia de Lugo conta cunha reserva da biosfera,Terras do Miño,dentro do programa MaB da UNESCO. Desde este último ano, este recoñecemento internacional fíxose extensible tamén aos Ancares Lucenses. Case o 50% da provincia de Lugo é merecedor deste galardón, onde conservación, investigación, desenvolvemento sostible e integración do Home na Natureza son os principios básicos a seguir.

 

¿Que é?
Dentro dos labores de educación ambiental, sensibilización do medio da RRBB Terras do Miño, vaise levar a cabo como intercambio cultural entre as Reservas das Reservas da Biosfera de Terras do Miño e a de Urdaibai (País Vasco), a inauguración da exposición:"Desenvolvemento sostible. Buscando Solucións", exposición itinerante, que tralo seu percorrido dun ano por diversos Centros e Universidades do País Vasco, cruza fronteiras e móstrase por primeira vez ao exterior.

Cando e Onde
Como acto inaugural terá lugar o día 30 de novembro ás 19:00 h. a conferencia "A NATUREZA HUMANA EN DÍAS DE INSOSTIBILIDADE" no Salón de actos da Excma. Deputación Provincial de Lugo, a cargo do Dr. John Celecia Andrews, Consultor especialista do Programa Home e Biosfera(MaB) da UNESCO.
Seguidamente terá lugar a inauguración da Exposición que permanecerá aberta ao público desde o 30 de novembro ata o 31 de xaneiro de 2007, no Pazo Provincial. Deputación Provincial de Lugo, rúa San Marcos 8, 27001-LUGO.

Máis información e solicitude de material:

Telf: + 34 982 227 812/ +34 982 265 358
Fax: + 34 982 243 006/ +34 982 265 361

e-mail:
laura.vazquez@diputacionlugo.com

Agardamos que esta oferta educativa dirixida a todo tipo de público, constitúa un instrumento máis de apoio á mellora da aprendizaxe e do compromiso real de todos cun medioambiente sostible.

Exposición Virtual: Ver exposición

Descargas: