Proyecto LIFE  

 

A candidatura foi presentada no ano 2000 por un período inicial de 4 anos (2001-2005), prolongado posteriormente ata o 2006, cun orzamento de 1.444.152 Euros.

O seu financiamento realizarase entre:

  • Unión europea que contribuirá ó 50% (722.076 Euros)

  • INLUDES, organismo autónomo dependente da Deputación Provincial de Lugo que financiará o 26 % (375.479.52 Euros)

  • Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia que aportará o restante, é dicir o 24% (346.596.48 Euros)

A área comprendida polo LIC, foi beneficiada polo Programa LIFE-Natureza a través do Proxecto: LIC Parga-Ladra-Támoga: Mellora do Bosque Inundable e Lago Distrófico, para o período 2001-2006.

O Proxecto foi concedido pola UE ó INLUDES, organismo autónomo dependente da Excma. Deputación Provincial de Lugo que ten como socio e cofinanciador á Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, contando coa colaboración para o desenvolvemento das accións e o seguimento e evolución do proxecto de grupos de investigación da Universidade de Santiago de Compostela.