Desde os anos 80, a UE subvenciona proxectos de conservación dos recursos naturais nos seus estados membros a través do fondo
LIFE-Natureza .
Preténdese deste xeito protexer e conservar aqueles Lugares de Importancia Comunitaria (LIC) incluídos dentro da proposta á
Rede Natura 2000
Un deles é o LIC Parga-Ladra-Támoga, un dos ecosistemas
hídricos de meirande singularidade da rexión atlántica da Península Ibérica, que abrangue os principais
medios fluviais e brañas que forman parte da
Conca Alta do río Miño, declarado pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais.
O territorio englobado por esta Conca, xunto co rebordo montañoso periférico, foi declarado pola
UNESCO no ano 2002,
Reserva da Biosfera Terras do Miño,
única Reserva existente en Galicia, sendo a segunda máis grande en extensión da Península Ibérica.
A área comprendida polo LIC, foi beneficiada polo Programa LIFE-Natureza a través do Proxecto: LIC Parga-Ladra-Támoga:
Mellora do Bosque anegable e Lago Distrófico, para o período 2001-2006, concedido pola UE ó INLUDES, organismo autónomo dependente da Excma. Deputación Provincial de Lugo que ten como socia e cofinanciadora á Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, contando coa colaboración para o desenvolvemento das accións
e o seguimento e evolución do proxecto de grupos de investigación da Universidade de Santiago de Compostela.