![]() |
O obxectivo do proxecto é a conservación de 49 ha. de bosques aluviais e bosques de ribeira e 1,3 ha. de lago distrófico; a recuperación de 16 ha. para especies e hábitats de interese e a protección de 4.934 ha. con 15 hábitats e 3 especies de interese. Para acadar este obxectivo, técnicos do INLUDES en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente e a USC, propuxeron o desenvolvemento de varias actuacións na zona, encamiñadas a recuperar a riqueza natural das Insuas do Miño e a Área Parga – Ladra.
Este proxecto preséntase como contribución á conservación da natureza dentro dunha estratexia global de desenvolvemento local e diversificación económica cuxo eixo principal o constitúe a valorización dos recursos fluviais.