![]() |
![]() |
A pesar de que moitas áreas do LIC Parga-Ladra-Támoga presentan unha elevada naturalidade e un bo estado de conservación, a acción exercida polo home durante os últimos anos (construción de vías de comunicación, desecación de terreos, expansión de cultivos herbáceos e forestais) supuxo unha notable degradación para o medio, minguando as poboacións das especies máis sensibles (Eryngium viviparum Gay, Luronium natans (L.) Rafin, Margaritifera margaritifera L.). Los problemas o amenazas presentes en esta zona son fundamentalmente los siguientes:
Fronte a estas ameazas, ó abeiro do programa LIFE-Natureza, preséntase un proxecto de restauración e xestión activa sobre estas tres especies a conservar, presentes en dúas áreas concretas do ámbito territorial deste LIC: A área Parga-Ladra e as Insuas do Miño. Estas accións contribuirán, paralelamente, a favorecer o mantemento das especies e os hábitats integrantes do LIC. Aínda que a presión exercida polo home sobre a conca alta do río Miño resultou prexudicial en moitos aspectos, tamén contribuíu a deseñar o mosaico de paisaxes características desta zona. A estreita relación establecida entre o home e mais o río ó longo dos anos, plasmada na Cultura da auga (molinos, mazos, caneiros, batuxos) , permitiu conservar un gran número de medios acuáticos e brañas cunha elevada naturalidade, que albergan importantes variedades de plantas e animais de interese internacional, comunitario e nacional. Estes medios constitúen unha área de referencia para caracterizar as condicións ambientais e o estado ecolóxico no que se desenvolven especies endémicas, en perigo ou ameazadas. Os datos derivados destes ecosistemas resultan básicos e necesarios para abordar con éxito iniciativas de xestión, recuperación ou restauración ambiental, experiencias que, posteriormente, poderán ser aproveitadas noutros territorios con características bioxeográficas e ecolóxicas semellantes. |